Hoxe tivemos unha xornada espectacular de traballo con director de coros José Antonio García Mato, director do Proxecto vocal Concerto Tempo de Ferrol e do coro do IES de Ortigueira.
O ensaio, no que se traballou técnica vocal e o repertorio, foi un moi intenso e interesante para todos os nosos coralistas. Desde logo cada ano é máis luxo poder traballar con este profesional. Aquí algunhas das imaxes do evento.
O martes pasado xa quedamos para ensaiar pola tarde, xa que estamos inmersísimos na preparación do I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio, que organiza o noso instituto en colaboración do IES Salvador de Madariaga no Ágora, A Coruña, o próximo día 19 de febreiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario