About

jueves, 16 de junio de 2022

I Encontro de coros escolares IES Arcebispo Xelmírez I

O pasado martes 14 de xuño tivemos o honor de participar no I Encontro de coros escolares do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Nel participamos os coros deste instituto, o noso e o IES de Ortigueira. Tamén se nos obsequiou cunha actuación de música galega e, finalmente, realizamos a interpretación conxunta da canción Aya Ngena.

viernes, 10 de junio de 2022

Participación na Xornada de Transición

O pasado xoves tivemos no noso centro a visita do alumnado de 6º de primaria dos CEIP Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez de Cambre. A xornada foi moi intensa porque había que presentar todo o instituto pero, finalmente, realizamos a gravación conxunta da canción Terra, de Tanxugueiras. Distribuiremos o resultado desta gravación o antes posible. Na gravación participou o alumnado do coro, de Obradoiro musical de 1ºESO e alumnado voluntario de 1ºBACH.

lunes, 25 de abril de 2022

Participación no Ourencanto 2022

Durante toda esta fin de semana (22-24 de abril) tivemos a oportunidade de participar no festival Ourencanto 2022. Neste festival participan alumnado de primaria e secundaria de toda Galicia. Nesta ocasión no festival participaron 400 estudantes. Nós participamos no coro que se formou co alumnado de educación secundaria (200 estudantes), no que interpretamos cancións como Can you hear me, Aya Ngena e City of Stars e no coro xeral, onde cantábamos todos os participantes, co que cantamos as cancións E Malama, Terra Maina e Terra. Todo foi dirixido polo gran director de coros Josu Elberdin. O resultado dos ensaios de toda a fin de semana foi un concerto o domingo pola tarde. O concerto pódese ver aquí. Ademais, nos quedamos durmir nun hostal co coro do IES María Casares de Oleiros, fomentando a convivencia e ter novas amizades. Tamén fixemos outras actividades, como visitar o casco histórico de Ourense e ir a darnos un baño nas termas de Outariz. Moitas grazas aos organizadores, así como a todos os participantes. Foi unha experiencia impresionante.

sábado, 9 de abril de 2022

II Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio

O pasado martes, día 5 de abril, tivo lugar o II Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. No concerto interviron os coros dos institutos María Casares (Oleiros), Ortigueira, Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) e Afonso X O Sabio (Cambre). Asistiron ademais o alumnado visitante do proxecto MUSICVIBE.

miércoles, 29 de diciembre de 2021

Celebración do VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio

O noso instituto está a conmemorar a celebración do nacemento do rei Afonso X O Sabio (nada menos que o seu oitavo centenario) e para facelo realizáronse unha serie de actividades. Por unha banda, durante o terceiro trimestre do curso 2020-21, o departamento de Xeografía e Historia desenvolveu un proxecto específico sobre a do rei, levado a cabo pola profesora Isabel González, dentro do proxecto Afonso Reporteiros e que recibiu o terceiro premio na "XIII Edición dos Premios Educacompostela de recursos didácticos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica". En decembro do 2021, realizouse unha exposición organizada polo departamento de Xeografía e Historia e Vicedirección que reunía algúns aspectos da vida e obra do rei sabio. Ademais, desde o departamento de música promoveuse a interpretación e gravación dalgunhas cantigas de Afonso X O Sabio, como a Cantiga 302: e a Cantiga 119: nestas gravacións participaron alumnado do coro escolar, de artes escénicas e danza de 4ºESO e de Historia da Música e da Danza de 2ºBACH. O resumo do proxecto vese reflectido neste artigo do periódico de La Opinión de A Coruña

lunes, 27 de diciembre de 2021

Concerto do coro

O coro do IES Afonso X O Sabio, formado por alumnado de 1º, 2º e 3ºESO e participante no proxecto MUSICVIBE, participou no concerto de coros escolares do IES María Casares de Oleiros, que tivo lugar o 20 de decembro pola mañá no auditorio da Fábrica (Oleiros). Neste concerto participaron estudantes dos institutos IES Neira Vilas, IES María Casares (ambos de Oleiros), IES Afonso X O Sabio (Cambre) e IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) e rematou cunha interpretación grupal de todos os asistentes dunha canción que se montou en vivo. Moitas grazas á organizadora do concerto, ás directoras dos coros participantes e a todo o alumnado, que traballou con moita ilusión para preparalo. Artigo no periódico La Opinión de A Coruña

domingo, 12 de diciembre de 2021

Cantiga 302: A madre de Jesú-Cristo que é Sennor de nobrezas

O pasado día 9 de novembro unha parte do coro do IES Afonso X O Sabio gravou a cantiga 302 de Afonso X O Sabio na Igrexa Santa María de Cambre, acompañados polo guitarrista Santi Cañás e cos solistas Lucas Uriz, Raquel Cernadas e Ariana Asorey. A gravación ten por obxectivo celebrar o VIII centenario do nacemento do rei Afonso X O Sabio.