jueves, 26 de marzo de 2020

Reto Tusa

Desde o IES Afonso X O Sabio queremos facer a proposta a todo o noso alumnado (e ao que se queira sumar, por suposto) para aprender a tocar/cantar Tusa usando este videotitorial.
O seu será tocala ou cantala todos xuntos o xoves día 2 de abril ás 13:00, inda que non haxa ninguén na túa rúa sal igualmente, pode ser que haxa xente ao teu redor, máis lonxe ou máis cerca. Este día tiñamos o II Encontro de Coros escolares do IES Afonso X O Sabio no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, que obviamente non se poderá levar a cabo, pero podemos celebrar o que nos gusta a música doutros xeitos e, de paso, comunicarnos entre todos nós.
No canle de youtube do departamento de música do noso centro subiremos os vídeos que nos enviedes, se queredes que os publiquemos, con vos tocando a canción nos días previos. Enviade os vosos vídeos a este correo electrónico: beatriz.alonso@iesafonsoxcambre.com
Esta iniciativa secunda a lanzada pola COAEM de #Musicaviral e busca facer que os e as estudantes de Cambre entablen diálogos entre eles e coa súa veciñanza, de forma que fagan música pero á vez se comuniquen cos demais.

0 comentarios:

Publicar un comentario