lunes, 25 de abril de 2022

Participación no Ourencanto 2022

Durante toda esta fin de semana (22-24 de abril) tivemos a oportunidade de participar no festival Ourencanto 2022. Neste festival participan alumnado de primaria e secundaria de toda Galicia. Nesta ocasión no festival participaron 400 estudantes. Nós participamos no coro que se formou co alumnado de educación secundaria (200 estudantes), no que interpretamos cancións como Can you hear me, Aya Ngena e City of Stars e no coro xeral, onde cantábamos todos os participantes, co que cantamos as cancións E Malama, Terra Maina e Terra. Todo foi dirixido polo gran director de coros Josu Elberdin. O resultado dos ensaios de toda a fin de semana foi un concerto o domingo pola tarde. O concerto pódese ver aquí. Ademais, nos quedamos durmir nun hostal co coro do IES María Casares de Oleiros, fomentando a convivencia e ter novas amizades. Tamén fixemos outras actividades, como visitar o casco histórico de Ourense e ir a darnos un baño nas termas de Outariz. Moitas grazas aos organizadores, así como a todos os participantes. Foi unha experiencia impresionante.

0 comentarios:

Publicar un comentario