O martes 27 de novembro tivemos un obradoiro de técnica vocal coa cantante Patricia Cupeiro. A sesión foi moi satisfactoria e aprendimos moito máis sobre a respiración e a colocación da voz.
A sesión non só foi formativa, senon tamén moi divertida. Pasámolo moi ben e queremos invitar máis veces a Patricia a traballar con nós para axudarnos no camiño de aprender a cantar, coidar a nosa voz e o noso corpo e, sobre todo, aprender máis de cada un de nós neste exercicio de autocoñecemento que levamos a cabo en cada ensaio.
Aquí algunhas imaxes do obradoiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario