lunes, 10 de junio de 2019

Colaboración co programa de transición

O pasado 4 de xuño celebramos no noso instituto o programa de transición para o alumnado de 6º de primaria. Este evento, co que recibimos a todo o alumnado dos CEIP Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez, supón un dos primeiros momentos que vivirá este alumnado no seu futuro centro, e desde o noso instituto a pretensión e darlles unha agarimosa benvida.
Para esta celebración o proxecto Afonso a Escena colabora sempre realizando unha serie de obradoiros co alumnado de 6º de primaria, este ano repetimos con Ramón Bermejo, director do Coro da Ra e docente de Escola Estudio. A actividade remata cantando todo o alumnado, xunto con algúns estudantes do noso instituto, de unha canción conxunta. Neste caso interpretamos Miña terra galega.

A través destes obradoiros e o concerto conxunto preténdese reflexionar sobre o uso da voz como medio expresivo e comunicación entre todas as persoas, como ferramenta de diálogo e autodescubrimento e... para pasalo moi ben!


0 comentarios:

Publicar un comentario