viernes, 19 de octubre de 2018

Coro do IES Afonso X O Sabio

Bo día,

O coro xa está completamente operativo. A próxima semana, martes, quedaremos comer todos e todas en amor e compaña incluindo as novas incorporacións.

Xa montamos a primeira peza, a nosa versión do Naye, Naye a tres voces. E comezamos a segunda, que faremos en distintas versións co alumnado de 2ºBach e tamén nós sos.

Seguimos buscando voces!!!! hai moitos estudantes que pensan que hai que cantar moi ben, pero non é certo, no coro ensinamos a cantar, traballamos en equipo e aprendemos as unhas das outras (incluso dos uns e dos outros).


Ademais...temos novidades, como o uso da Aula virtual para ter as referencias auditivas cerca, así como novos contactos con novos coros... ultimamente co Coro do IES Sofía Casanova de Ferrol, ademais dos xa coñecidos co IES de Ortigueira ou o coro Solidarium do IES Terra de Trasancos de Narón.

E proximamente comezaremos a invitar a profes para que nos axuden a seguir mellorando e traballando... con toda a ilusión do mundo.

0 comentarios:

Publicar un comentario