martes, 12 de febrero de 2019

I Encontro de Coros Escolares do IES Afonso X O Sabio

Estamos orgullosísimas de anunciar que, o próximo martes, organizamos un concerto intercentros no Ágora da Coruña.
Neste concerto participarán seis corazos escolares de distintos institutos públicos e un total duns 200 estudantes. Primeiro faremos o concerto, cunha sorpresiña final, e acabaremos comendo todos xuntos antes de que cada coro regresa ás súas casas.

O concerto será o día 19 de febreiro ás 11:30 e interpretaranse cancións de música popular urbana e cancións africanas, galegas e gospel para facer un bonito collage no que pasarémolo, seguro, fenomenal.
Estades todos invitados!!!
Aquí o cartel do concerto, feito pola ilustradora e deseñadora Yupiyeyo:


0 comentarios:

Publicar un comentario