Onte, día 19 de febreiro, tivo lugar o I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio, no centro Ágora (A Coruña). Para este evento, xuntáronse 200 estudantes dos coros dos institutos de IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES A Sardiñeira (A Coruña), IES Afonso X O Sabio (Cambre), IES Sofía Casanova (Ferrol), IES de Ortigueira (Ortigueira) e IES Antón Losada Diéguez (A Estrada). A actividade está realizada dentro do marco do proxecto Afonso a escena, co cal pretendemos favorecer a práctica das artes escénicas e mellorar a excelencia do noso alumnado a través dela.
Os coros escolares son actividades voluntarias que fan algúns docentes de música no seu tempo libre para poder desenvolver prácticas artísticas grupais, toda vez que fan que o alumnado adolescente teña unha relación máis sana co seu corpo e se favoreza o diálogo e a comunicación entre as persoas e se mellore a convivencia dos centros nos que se leva a cabo.
Para preparar este concerto, o noso coro ensaia en dous recreos á semana, ademais de quedar a comer todos xuntos unha vez por mes -como mínimo- coa profesora de música. Ademais este ano contamos con obradoiros de Patricia Cupeiro (técnica vocal) e José Antonio García Mato (director de coros) para axudar a manter o proxecto e favorecer unha adquisición técnica apropiada entre o noso alumnado.

Os coros dos que disfrutamos onte son actividades abertas a todo o alumnado do seu centro, son inclusivos e participativos, xuntando estudantes e docentes e fomentando outro tipo de relacións cos centros que os desenvolven. En Galicia temos algúns dos mellores coros escolares de España e o concerto de onte, realizado grazas á colaboración do Concello da Coruña, do IES Salvador de Madariaga, do IES Afonso X O Sabio e do Centro Ágora, foi unha mostra do mesmo.
Algunhas das pezas montadas foron: Over my head (espiritual), Every breath you take (The Police), Mad world (Gary Jules), Bonseaba (Tradicional africana), Sleep my little sea (Josu Elberdin), Quen puidera namorala (Batallán), Cor esperanza (Coti Sorokin, versión en galego de Chelo Millán), Libre (Luis Armenteros e Pablo Herrero, versión en galego de Chelo Millán), Faded (Alan Walker) e Vois sur ton chemin (Bruno Coulais). Todas elas interpretadas cunha grande calidade e emoción.

O Concerto rematou cunha peza dirixida polo director de coros José Antonio García Mato, a peza escollida foi un pequeno canon renacentista de Melchior Franck (ca. 1580-1639), chamada orixinalmente Da pacem domine, pero que neste caso fixo que todos os asistentes cantasen Sine musica nulla vita, frase atribuida a Nietzsche.
Cartel do concerto, realizado por Yupiyeyo
Coro do IES de Ortigueira. Director José Antonio García Mato:
Coro do IES Antón Losada Diéguez,. Directora Consuelo Millán:
Coro do IES Afonso X O Sabio. Director Rosa Rodríguez Rivas:
Coro do IES Salvador de Madariaga. Directora Irene Caeiro:
Coro do IES A Sardiñeira. Director Francisco Jordá:
Coro do IES Sofía Casanova. Directora Almudena Armada:
Todos xuntos montando a peza común. Director José Antonio García Mato do proxecto vocal Concerto Tempo:
E aquí unha mostra da canción final montada xusto no concerto, con público diante e cun ensaio duns poucos minutos... porque para o noso alumnado sen música non hai vida que mereza a pena ser vivida!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario