O Obradoiro deste
curso 2017-18, como parte do Proxecto de Artes escénicas do IES, empezou ca intención
de teatralizar diversos cuadros do Hamlet de Shakespeare e durante varios
ensaios leuse unha versión con 15 escenas e un epílogo e preparada para 10
personaxes. Podería afrontarse con 8 actores
dobrando papeis. Como actividade paralela fíxose un pequeno curso de
esgrima e os ensaios foron proveitosos.
Vendo que o número de participantes e a
dificultade que supoñía o reto decídese modificar o o proxecto inicial e
cámbiase a Shakespeare por dúas adaptacións de testos en prosa, concretamente:
- Un fragmento de O bosque animado de Wenceslao
Fernández Flórez, o que relata os encontros entre Xan de Malvís e Fiz de Cotovelo.
- Unha pequena parte da novela de Una palabra tuya de Elvira Lindo que
titulamos Mis gusanos de seda.
C
omo actividade
complementaria do Obradoiro prevense a asistencia a obra La edad de la ira,
da Joven compañía do CNTC no Teatro Rosalía de A Coruña o venres día 4 de maio.
0 comentarios:
Publicar un comentario