sábado, 24 de marzo de 2018

Obradoiro con José Antonio García Mato

O pasado martes tivemos un ensaio especial. Quedamos a comer todos xuntos, como facemos outros martes, pero logo tivemos a sorte de contar co profesor e director de coro José Antonio García Mato.
García Mato é profesor no IES de Ortigueira, onde leva un coro de adolescentes desde hai cinco anos, pero ademais é o director do coro Concerto Tempo de Ferrol e no pasado tamén foi director do Coro Xove da Sinfónica de Galicia. É ademais unha persoa especialmente implicada no fomento e potenciación do uso da voz e a participación coral na comarca de Ferrolterra.

A hora e media de traballo pasóusenos voando, de feito cando sonou o timbre so queríamos seguir traballando así que.. aquí te esperamos, Mato. Mentres, os e as integrantes do coro do IES Afonso X O Sabio portáronse xenial, traballando con moita concentración e moi bos resultados.

Así pois, José Antonio, aquí te esperamos en Cambre, pero vémonos seguro no VII Encontro de Alumnado de Galicia de Vigo organizado por Asomusica.




0 comentarios:

Publicar un comentario