miércoles, 26 de junio de 2019

Participación no VI Encontro de coros de secundaria de Galicia

O pasado 20 de xuño pola mañá o noso coro tivo a oportunidade de participar no VI Encontro de coros escolares de secundaria de Galicia que organiza, cada ano o IES de Ortigueira.
Nesta ocasión o nivel subiu moitísimo e tamén a participación, xa que estivemos presentes seis coros escolares de Galicia, cos que xa estivemos no noso encontro de Cambre, polo que os lazos e a convivencia melloran de concerto en concerto.

Subimos os vídeos das tres cancións interpretadas polo coro do IES Afonso X O Sabio. Un luxo poder contar co noso alumnado, que traballou durante todo o ano tanto en recreos como martes ao mediodía e o cal se veu reforzado incluso con alumnado de 2º de Bacharelato, quenes inda que remataron o curso regresaron para participar unha vez máis.
- Now the sun is shining (P. Michel)
- Dreamer (J.E. Bacak)
- Sihayamba (Popular Zulú)



0 comentarios:

Publicar un comentario