jueves, 30 de mayo de 2019

Participación no acto de graduación

O alumnado de música de 2ºBach amenizou, como cada ano, a cerimonia do acto de graduación de 2º de Bacharelato.

En primeiro lugar participou o grupo enteiro de Historia da Música e da Danza, quenes interpretaron dous arranxos das conocidas cancións Every breath you take e Viva la vida. E posteriormente Diego Martínez, Sara Martínez Tato e Zaira Aguedo actuaron en pequeno formato ao longo da gala.

Foi un acto de despedida espectacular e amosou a evolución de coñecementos musicais do noso alumnado ao longo de todos estes anos.

Moita sorte, recordade que esta será sempre a vosa casa!

0 comentarios:

Publicar un comentario