sábado, 23 de junio de 2018

Actuación no festival de fin e curso

O última día de curso, o noso alumnado de Artes escénicas e Danza organizou unha flashmob para facer bailar a todo o noso centro. A flashmob comezou cunha introdución de Toxic, de Britney Spears; seguimos con outro grupo que bailou La revolución sexual, da Casa azul; o terceiro grupo reclamou o seu protagonismo para bailar Mamma mia, dos suecos Abba. Finalmente, todos xuntos bailamos Uptown funk, de Bruno Mars. A pegadiza canción e a boa coreografía fixeron que, ao final da canción, moitísimo alumnado de distintos cursos acabasen bailando co noso alumnado de 4º nunha estupenda festa que fixo que as emocións viñesen a todas as persoas que estabamos alí... e acabamos con miles de apertas, despedidas, sorrisos e..incluso choros, por parte do alumnado que marcha do instituto. Unha aperta a todo o noso alumnado de Artes escénicas e danza, que fixeron que este fose un ano marabilloso, no que bailamos, fixemos moita expresión corporal, contos coreografiados, películas e un largo etcétera no que non so aprendimos moito, se non que nos coñecimos mellor a cada un de nós.

0 comentarios:

Publicar un comentario