Neste último número da revista galega do ensino, Eduga, 74, xullo-decembro, 2017 vemos a publicación do artigo "A materia de Artes Escénicas e Danza. O traballo co corpo e as emocións" (que aquí enlazamos), escrito pola profesora Beatriz Alonso para difundir a experiencia de traballo realizado nesta asignatura.
A materia de Artes Escénicas e Danza é unha específica (as antigamente chamadas optativas) que se imparte no IES Afonso X O Sabio pero que se está impartindo en moi poucos centros galegos, por iso, e xa que non había ningún artigo publicado referente á mesma en toda España, a autora se animou a compartir con todos unha pequenísima parte do que se fixo durante o curso pasado e cómo estamos a construir a materia no IES Afonso X O Sabio.
O traballo que realizamos no noso instituto cos alumnos e as alumnas que escollen esta materia vai desde mellorar a relación consigo mesmos e cos que lles rodean, aumentar a súa sensibilidade, potenciar o seu sentido crítico e creatividade, e, por encima de todo, mellorar o coñecemento que teñen de si mesmos; e isto, en mozos e mozas adolescentes duns 15-16 anos, parécenos fundamental.
Moitas grazas á revista por permitirnos difundir un chisco o noso traballo e, sobre todo, grazas ao noso alumnado, que fai que cada día de clase sexa máis interesante, emocionante e emotivo que o anterior.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario