jueves, 1 de marzo de 2018

Seguen as actividades

O noso coro segue ensaiando con todas as súas ganas. Pero non só cantamos, tamén celebramos cumpreanos. Felicidades Abril!




Ademais, tamén o grupo de teatro segue cos seus ensaios, e xa temos en marcha o traballo cos nosos colexios adscritos.

Por último, dicir que o pasado luns, o coordinador do proxecto, Santi Cañás, reuniuse coas nosas compañeiras profesoras de música porque había que falar de moitas cousas. Primeiro, decidir unha canción para interpretar todo 6º, con alumnado do instituto, no día que se lles da a benvida ao novo alumnado a final de curso. Ademais, tiñamos que ver actividades formativas para estes rapaces, probablemente repitamos o obradoiro de música vocal con Ramón Bermejo.

Mentres tanto, seguimos pensando en obradoiros para o noso alumnado, estamos argallando un obradoiro de danza con Marta Alonso e outro de dirección coral con José Antonio García Mato, director do coro Concerto Tempo de Ferrol.


0 comentarios:

Publicar un comentario